19/05/25

V Torneo Xadrez Intercentros de Redondela

Un ano máis os nenos e as nenas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron no V Torneo de Xadrez Intercentros celebrado na alameda de Redondela, unha xornada de convivencia na que desfrutaron deste xogo que tanto gusta ao alumnado do centro.

05/02/25

Campionato provincial de cros por equipos

Despois de clasificarse por equipos no cros de outubro, os nenos e as nenas de 6º de Educación Primaria participaron hoxe na fase provincial do cros xogade . Noraboa a todos e a todas por chegar ata aquí, fixéstelo xenial!
Diseño de María

Atletismo no cole

Esta semana Javier, adestrador da Asociación Deportiva C.A.R. visitou o noso centro a través do programa Xogade "Coñece o meu club". Practicamos o salto de altura, o salto de lonxitude, carreiras de relevos e lanzamento de vórtex. Foi unha mañá divertida na que todos e todas puidemos desfrutar practicando deporte.
Atletismo de María

18/12/24

Proxecto eTwinning

Este curso participaremos nun novo proxecto a través da plataforma Etwinning. Desta vez, o alumnado de 4º de EP xunto coa súa titora, e as mestras especialistas en Inglés e EF, compartiremos cos nosos compañeiros e compañeiras de Kosice (Eslovaquia) os nosos xogos populares favoritos e aos que máis nos gusta xogar no patio a través do proxecto “Xogos sen fronteiras”. Este trimestre comezamos coas presentacións, para coñecernos e poñernos por fin cara. Tamén nos enviamos postais de Nadal e compartimos vídeos cantando panxoliñas. Ademais fixemos unha videochamada na que por fin nos puidemos ver e coñecer mellor!