Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTACIÓN. Amosar todas as publicacións

22/01/24

VITAMÍNATE: UNHA NOVA VERSIÓN DO XOGO

 Durante o 1º Trimestre na clase de Música e Danza crearon unha base musical para a nosa canción da froita "Vitamínte". Agora xa a podemos cantar , cantar e xogar palmeándoa... 

Xa é tracición no noso colexio que os maiores a ensinen aos máis pequenos. 


Día da Alimentación

 A nosa canción da froita “Vitamínate” tamén sona con música, grazas ao profesor Iván.




16/10/19

DÍA DA ALIMENTACIÓN

PREME PARA VER ESTE VÍDEO SOBRE ALIMENTACIÓN. 
DALLE UN REPASO Á PIRÁMIDE DE ALIMENTOS.

PROPOSTAS DE MENÚS:
PREME NO SEGUINTE ENLACE,
(Anímate a elaborar algunha receitacoa túa familia)

10/06/19

25/04/19

MERENDAS SAUDABLES, BOLSAS REUTILIZABLES.

 Non descuides a bolsa na que traes a túa merenda ao Colexio. Esquécete do plástico e crea a túa propia bolsa de tea.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia convoca un concurso para fomentar o uso de bolsas de merenda reutilizables, Preme neste enlace  ou na imaxe se queres participar
.

09/04/19

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA, 2019

No día 6 de Abril, preparamos unha xornada de xogos e degustación de froitas.
 Á proposta dos alumnos de Primaria tivemos no tempo de recreo xogos coma petanca, mariquitilla, corda, bádminton, chapas, salto de lonxitude, brilé, xogo dos botóns.  O material dos xogos foi distribuido polo patio polos alumnos de 4º. Tamén foron os alumnos de 4º os que esconderon no patio de infantil, as pezas do tangram tradicional , tangram ovo e tangram corazón  para que os alumnos de  5 anos, 4 anos e 3 anos as localizaran e formaran as figuras.
A degustación foi de froitas de diferentes países. Sorprendeu que algunhas froitas eran coceñidas pero comidas noutra estación.
Grazas a 2 alumnas que fixeron de fotógrafas e á mestra de garda de patio temos a seguinte reportaxe.

ALUMNOS DE E. PRIMARIA

ALUMNOS DE E. INFANTIL

25/03/19

RAPS SAUDABLES

Todo o alumnado traballou nas diferentes materias a Alimentación Saudable.
Na clase de Música elaboraron poesías co tema da "Comida Saudable" e aprenderon a rapealas. Pola Semana do Día da Poesía intercambiaron os seus raps entre as diferentes clases.
Preme nas imaxes para coñecer todos os raps.
RAP 4º
                          




14/10/18

DÍA DA ALIMENTACIÓN, 16 DE OUTUBRO

Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.
O lema deste ano 2018 está dedicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS2): a fame Cero, que non só pretende acabar coa fame, senón tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sustentable.

AVERIGUA  COA LECTURA DO SEGUINTE LIBRO, COMO PODES TRABALLAR PARA QUE TEÑAMOS FAME CERO


DISEÑA  UN CARTEL NO QUE PLASMES RECOMENDACIÓNS E IDEAS PARA CONSEGUIR QUE NO 2030 "A FAME SEXA CERO"

IDEAS PARA CREAR UN CARTEL. PASOS 1  ,2 (Preme no nº 1 e no nº 2)

03/05/18

LENDO SOBRE O ALMORZO, XANTAR...

Na semana do 23 ao 27 de Abril tivemos á entrada do colexio e no patio unha sorpresa.

Primeiro foi a quenda dos alumnos de Primaria que descubriron un libro de Mª Victoria Moreno "Sopitas con canela" e despois tocoulles aos alumnos de Infantil. 
No segundo día tiñamos o mesmo libro en Lingua Galega " Un cachiño de Bica", e en Lingua Castelá "Sopitas con Canela"

Os alumnos de 5º foron os encargados de decidir os lugares onde colocar o libro.

Esta actividade forma parte dun evento de E Twining "Un libro para ti"
Se queres ver que fixeron outros colexios de Europa, preme aquí.

23/03/18

BEBE AUGA!

Cada ano o día 22 de Marzo, Día Mundial da Auga, 
destácase un aspecto particular relacionado coa auga:
 " A auga e a seguridade alimentaria "

Os alumnos de 2º de Primaria deixánnos este traballo.
LE CON ATENCIÓN

                      

                                                              BO TRABALLO!

14/10/17

DÍA DA ALIMENTACIÓN

PREME NA IMAXE. QUE É A MIGRACIÓN?


                     

07/02/17


 
O MARTES 18 DE NOVEMBRO DE 2014, TRABALLAMOS A RELACIÓN ENTRE
ACTIVIDADE FÍSICA E ALIMENTACIÓN.
PARTICIPAMOS OS ALUMNOS DE 1º, 2º,3º E 4º NO PROGRAMA
"VIVIR EN SAÚDE NO COLE"

 É IMPORTANTE E INDISPENSABLE:
TER UNHA ALIMENTACIÓN SA E PRACTICAR ACTIVIDADE FÍSICA DIARIA

APRENDE O RAP DO COCIÑEIRO
 
 
 
OS PINTORES TAMÉN PINTAN ALIMENTOS
FÍXATE NA SEGUINTE ESCOLMA DE CADROS DE PINTORES GALEGOS.
COÑECES TODAS AS FROITAS?
 
 
 
 
 CONSTRUIMOS CON VEXETAIS.
OS ALUMNOS DE 4º-5º -6º  TRABALLAN CON MOITA IMAXINACIÓN
 
 
APRENDE MÁIS CO SEGUINTE XOGO. PREME NA IMAXE
 
  Resultado de imagen de juego el agente, alimentación
PREPARAMOS UN MENÚ ON-LINE. PREME AQUÍ
APRENDE A PREPARAR UN MENÚ

07/01/17

VITAMÍNATE

            A finais do mes de outubro fomos cantar a nosa canción da froita aos alumnos de 3 anos