ASÍ OPINAN OS ALUMNOS DESTA ACTIVIDADE
"Levamos unha grande sorpresa cando nos atopamos no ximnasio
con 2 robots. A profe Ánxela díxonos que un era un scornabot e outro se chamaba
Makey Makey.
Descubrimos que os robots poden facer moitos movementos pero
que nós temos que crealos. Foron moi divertidos!.
Copiabamos os seus movementos, para esquerda, para a dereita,
para diante, para atrás e mesmo xiran. Para inventar movementos usamos paos e
pallas de cores, tamén debuxamos no folio percorridos para facelos no ximnasio.
Co makey makey, creamos música seguindo as frechas, con
esponxas e cartóns.
Queremos repetir a actividade!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario