No día 6 de Abril, preparamos unha xornada de xogos e degustación de froitas.
Á proposta dos alumnos de Primaria tivemos no tempo de recreo xogos coma petanca, mariquitilla, corda, bádminton, chapas, salto de lonxitude, brilé, xogo dos botóns. O material dos xogos foi distribuido polo patio polos alumnos de 4º. Tamén foron os alumnos de 4º os que esconderon no patio de infantil, as pezas do tangram tradicional , tangram ovo e tangram corazón para que os alumnos de 5 anos, 4 anos e 3 anos as localizaran e formaran as figuras.
A degustación foi de froitas de diferentes países. Sorprendeu que algunhas froitas eran coceñidas pero comidas noutra estación.
Grazas a 2 alumnas que fixeron de fotógrafas e á mestra de garda de patio temos a seguinte reportaxe.
ALUMNOS DE E. PRIMARIA
ALUMNOS DE E. INFANTIL
Ningún comentario:
Publicar un comentario