23/05/24

IV TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DE REDONDELA (2024)

Unha representación do alumnado de 5º e 6º participa un curso máis no Torneo Intercentros de Redondela

DATA: 24 de Maio de 2024 (venres)

 LUGAR:  Alameda de Castelao, Redondela
Überschach (Super-Chess). Paul Klee – 1937


CATEGORÍAS:
 ÉLITE:  (1º e 2º de ESO)
AVANZADA: (5º e 6º de Primaria)

BASES TÉCNICAS
 

  • O torneo disputarase mediante Sistema Suizo a catro rondas (10’+0) e unha fase final eliminatoria.
  • Os oito primeiros clasificados de cada categoría enfrentaranse nun desempate mediante sistema Armagedón a CINCO minutos contra CATRO.

Que é o Armagedón?

O xadrez Armagedón ten as mesmas regras que o xadrez estándar, excepto por dúas distincións: 1) En caso de TÁBOAS gañan as negras a partida (por dispoñer de menos tempo), e 2) As negras empezan a partida con 4 minutos no reloxo e as brancas con 5 minutos.  A cor de cada partida sortéase antes do comezo. 
  • Na fase de cuartos de final, as catro eliminatorias rexiranse mediante o sistema 1-8, 2-7, 3-6, 4-5 (clasificados da primeira fase), sorteando a cor. Nas semifinais e final realizarase un sorteo tamén para os enfrentamentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario