18/12/24
Proxecto eTwinning
Este curso participaremos nun novo proxecto a través da plataforma Etwinning. Desta vez, o alumnado de 4º de EP xunto coa súa titora, e as mestras especialistas en Inglés e EF, compartiremos cos nosos compañeiros e compañeiras de Kosice (Eslovaquia) os nosos xogos populares favoritos e aos que máis nos gusta xogar no patio a través do proxecto “Xogos sen fronteiras”.
Este trimestre comezamos coas presentacións, para coñecernos e poñernos por fin cara. Tamén nos enviamos postais de Nadal e compartimos vídeos cantando panxoliñas. Tamén fixemos unha videochamada na que por fin nos puidemos ver e coñecer mellor!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario